Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e analizar as visitas. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
pechar

“Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social”

“Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social”

Empresarialmente, que momento vive hoxe a súa tenda? Para nós é un momento moi bo porque estamos a revivir a arte que sempre estivo aí pero que moitos desprezaban. Agora por fin dignificamos o noso traballo. Cal foi a clave da súa expansión comercial? A clave reside en traballar moito e en ter feito pequenos cambios para adaptar os zocos aos tempos que vivimos hoxe en día. Pero foi un proceso moi longo e por iso non queremos que sexan unha moda senón que sexan un calzado máis e que a xente saiba que se queren zocos, fanse zocos. Hoxe os zocos están experimentando un gran auxe, a que atribúe este éxito? As redes sociais axudáronnos moito, especialmente, as montaxes que facemos con zoquiños pequenos ou coas escenas cotiás da labranza e do que somos. A publicación destas composicións no Facebook (EFerro) axudou moito á difusión do noso traballo porque, ademais de contar unha pequena historia, conseguen sacar un sorriso á xente.

El Correo Gallego