Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e analizar as visitas. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
pechar

Familia Ferro

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da sua familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca eferro poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en existinción, facendo de él un modo de vida.

Para elo, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica convertindóa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de potro e vaca curtido vexetal e engrasado e cromo encerado, cravos, goma reciclada, grapas, chatolas...

Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos”voa mariquiña voa” que foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles.

somos-foto1.jpg

O Taller

Os productos eferro atópanse principalmente en tendas y feiras especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cinturóns.... Os seus zocos contan con difentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles...

Ven a visitarnos a nosa tenda-taller. Poderás ver todo o proceso

Reboredo 1 - Merza 36580 Vila de Cruces Pontevedra