Somos a 3ª xeración de zoqueiros!
Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca Eferro poden manter vivo un oficio tradicional que estivo en perigo de extinción, facendo de él un modo de vida.
Para elo, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica convertindóa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de potro e vaca, curtido vexetal , engrasado e cromo encerado, cravos, goma reciclada, grapas, chatolas…
Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos ”voa mariquiña voa” que no 2010 foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles.
No ano 2019 recibimos o Premio Nacional de Artesanía ao conxunto dunha obra consolidada!