Este ano celebramos a terceira edición da nosa EferroFoliada, un evento para poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma a través de concertos musicais, teatro,títeres,…. nun entorno rural.
Faise na eira do noso taller en Merza e nunha leira contigua onde se celebran os concertos principais. Hai actividades durante todo o día tanto para grandes como para cativos, ó mesmo tempo que poden degustar un prato de polbo á feira, empanadas, tortillas ou carne ó caldeiro entre outras opcións. Non nos esquecemos da bebida,xa que contamos co patrocinio de Estrella Galicia e Deleite.
A data deste ano foi o pasado 14 de setembro (sempre se celebra o segundo sábado de setembro) e contamos coas actuacións de As Fabulosas, Fillas de Cassandra, As Rhumorosas, Regueifa con Lupe Blanco e Caruncho, Viravolta titeres, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Os Carunchos.
Elena Ferro fixo un taller sobre os zocos para a cativada e agasallou o libro Eu Son Zoqueira que elaborou a Fundación Pública Artesanía de Galicia
Como sorpresa actuou o cativo Toxiño coa súa avóa que marabillou ós asistentes co seu cantar e co seu manexo da pandeireta
Outras das sorpresas que tivemos foi a entrada do Folión de Mormentelos cos seus tambores, coloridos traxes e pasos, unha tradición de entroido ben fermosa
Estreamos un mural deseñado por Davila para a nosa festa que moito gustou e resume moi ben o espíritu da nosa festa
Deixo algunhas das imaxes desta marabillosa xornada!
Moitas grazas a toda a xente que nos veu visitar e esperamos vervos para o ano que vén!!
Tedes aquí os enlaces ós vídeos das EferroFoliadas
2024: https://www.youtube.com/watch?v=8C8w3SMx1Uw
2023: https://www.youtube.com/watch?v=l6qGxM2-PWc
2022: https://www.youtube.com/watch?v=X0eD7rBfFC8